📜 Reglas da liga
Cada xornada de pesca será traducida nunha puntuación que subirá ó voso marcador. As categorías están bastante claras se usamos o sentido común; en caso de debate haberá que chegar a consenso por maioría antes do final da xornada.
Cada un debe anotar as súas capturas: a data e a ubicación nas correspondentes casillas; o nome e a captura débense escoller entre as opcións ofrecidas.
Advertencia: Recoméndase sacar fotos das capturas, xa que en caso de dúbida a proba fotográfica será determinante na puntuación.
Calamares
| Categoría | Descripción | Puntos |
|---|---|---|
| Chipirón | Tamaño mechero Clipper aprox. | 1 |
| Calamar | Pois eso, un calamar. | 2 |
| Un bo calamardo | Un calamar que xa digas «ostiá carallo co calamar». | 3 |
| Calamorcio dos avernos | Terrible calamar que manda carallo pa sacalo parriba; estimamos que pase do kilo e que lle faga bullying ós calamares pequenos. | 5 |
Chopos
| Categoría | Descripción | Puntos |
|---|---|---|
| Minichopo | Minichopo devolto ó mar despois de ser capturado otorga un punto por humanidade. | 1 |
| Chopo | Un chopo talla estándar, un solo non da pa comer, dous xa se che fan moito e sobrache o arrós. | 2 |
| Chopazo descomunal | Tremendo chopo dos que doblan a cana e tardas en saber se é picada ou enganchaches no fondo. | 4 |
Penalizacións e premios especiais
| Categoría | Descripción | Puntos |
|---|---|---|
| Furtivo merdento | Respetade as putas tallas mínimas, somos pescadores non asesinos. | -1 |
| Criatura descomunal | Premio por salvar ó océano dun monstro que podería acabar coa fauna autóctona. | 3 |
| Mi primer hatriki | 3 pezas nunha xornada; contan minichopos pescados e devoltos demostrando fair play. | 1 |
Nota: a penalización do documento figura como «Furtivo merdento». O rexistro actual da aplicación conserva a categoría antiga «Mini chopo (penalización)» para non alterar os datos xa gardados.
⚡ XP e niveis
Ademais dos puntos da liga, cada pescador acumula XP. O XP só serve para subir de nivel e desbloquear logros: non cambia a clasificación, que se segue decidindo só polos puntos.
XP por captura
| Grupo | Categoría | Puntos da liga | XP |
|---|---|---|---|
| Calamares | Chipirón | 1 | 1 |
| Calamares | Calamar | 2 | 2 |
| Calamares | Un bo calamardo | 3 | 3 |
| Calamares | Calamorcio dos avernos | 5 | 5 |
| Chopos | Minichopo | 1 | 1 |
| Chopos | Chopo | 2 | 2 |
| Chopos | Chopazo descomunal | 4 | 4 |
| Penalizaciones | Mini chopo (penalización) | -1 | 0 |
| Premios especiales | Criatura descomunal | 3 | 3 |
| Premios especiales | Mi primer hatriki | 1 | 1 |
As penalizacións restan puntos na liga pero nunca restan XP.
Bonus de XP
| Bonus | XP | |
|---|---|---|
| 📸 | Foto: cada captura con puntos positivos que leve foto | +1 |
| 📅 | Semana activa: cada semana con polo menos unha captura | +2 |
| 🔥 | Racha: por cada semana seguida a partir da segunda (máximo +3) | +1 |
| 🏆 | Reto da semana completado (ver abaixo) | +5 |
🏆 Retos semanais
Cada semana (de luns a domingo) hai un reto novo, que rota entre estes. Se o completas gañas +5 XP; non dá puntos da liga. Os retos contan desde o 02/11/2026.
| Reto | Obxectivo | |
|---|---|---|
| 🎣 | Tres pezas — Anota 3 capturas con puntos esta semana | 3 |
| 🦑 | Semana do calamar — Captura 2 calamares (de calquera tamaño) | 2 |
| 🐟 | Semana do chopo — Captura 2 chopos (de calquera tamaño) | 2 |
| 📸 | Con proba — Sube 2 capturas con foto | 2 |
| 📅 | Dúas xornadas — Pesca en 2 días distintos | 2 |
| 💰 | Seis puntos — Suma 6 puntos de liga na semana | 6 |
| 🌋 | Peza grande — Captura unha peza de 3 puntos ou máis | 1 |
| 🔀 | Dobre ou nada — Un calamar e un chopo na mesma semana | 2 |
Logros
| Logro | XP | |
|---|---|---|
| 🎣 | Primeira captura — Rexistra a túa primeira captura | +2 |
| 🔟 | Dez pezas — 10 capturas válidas | +5 |
| 🎩 | Hatriki — 3 pezas nunha xornada | +5 |
| 🦑 | Calamorcio — Captura un Calamorcio dos avernos | +5 |
| 🔥 | Racha de lume — 3 semanas seguidas pescando | +5 |
| 📸 | Fotógrafo — 3 capturas con foto | +3 |
| 👑 | Líder — Vai primeiro na clasificación (é un estado que se pode perder, polo que non dá XP) | — |
| 😈 | Furtivo — Acumula unha penalización (insignia de vergoña, sen XP) | — |
Niveis
| Nivel | XP necesario | |
|---|---|---|
| 🪝 | Nivel 1 · Grumete | 0 |
| 🐟 | Nivel 2 · Cebador | 10 |
| 🦑 | Nivel 3 · Cazacalamares | 25 |
| ⚔️ | Nivel 4 · Azote de los Chopos | 50 |
| 👑 | Nivel 5 · Señor de las Rías | 90 |
| 🌋 | Nivel 6 · Leyenda de los Avernos | 150 |